27 de marzo de 2007

AS CANDIDATURAS DAS ELECCIÓNS SINDICAIS DO 19 DE ABRIL, PROCLAMADAS

Hoxe, 27 de marzo, foron proclamadas pola mesa electoral coordinadora as candidaturas para as próximas eleccións sindicais á Xunta de Persoal de funcionarios dos servizos periféricos da Xunta na provincia da Coruña. Ademáis da CGT, preséntanse outras catro candidaturas para a elección dos 23 representantes que serán electos segundo o censo electoral (2.799 traballadores). Comeza así a campaña electoral, que rematará o 17 de abril, sendo o día das votacións o día 19.

A candidatura da CGT preséntase con afán de ser un foco de atracción dos compañeiros que estean cansos do sindicalismo habitual, que alonxa as decisións sindicais dos traballadores, que desmobiliza e que, ano tras ano, asina acordos coa administración (non hai nada máis que ve-lo Estatuto Básico do Empregado Público), acordos enfrontados á razón e ós intereses dos seus representados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo