A prensa afín a Feijóo ven de publicar, por enésima vez, que a oferta de emprego da Xunta de Galicia será extraordinaria, a maior desde o ano 2009 e "catro veces máis que a de 2014". En ano electoral, a propaganda de todo tipo é importantísima e enganar ao persoal é o obxectivo dos profesionais do timo.
A realidade é sinxela: desde o ano 2010 a oferta de emprego ven sendo a reposición do 10 % das vacantas que se vaian producindo. Este ano electoral, a taxa de reposición será do 50 %, pero aínda así non se cubrirán máis que a metade do persoal que saia da administración autonómica. O desmantelamento e os recortes seguen producíndose.
Só a desfachatez dos gobernantes e a falta de ética periodística poden vender como marabilloso un novo recorte, aínda que o recorte sexa menor que o de outros anos.
6 de marzo de 2015
4 de marzo de 2015
Tito Alberto daranos outro caramelo en abril
Se todo vai como está previsto, a Xunta de Feijóo devolverá outra parte da paga extra incautada en decembro de 2010. Á espera de velo escrito na próxima lexislación da función pública galega, seica que os improtes serán iguais que os devoltos o pasado xaneiro: a metade do devendicado no seu momento, segundo se sexa funcionario ou laboral. A este ritmo, chegaremos a 2018 para conseguir recuperalo todo, e con conxelacións salariais por diante.
O máis noxento de todo é que a devolución se fará xusto antes das eleccións municipais, intentando influír nun voto que os ten preocupados.
Nós, pola nosa parte, seguimos berrando ¡queremos os nosos cartos, todos e por xunto!
O máis noxento de todo é que a devolución se fará xusto antes das eleccións municipais, intentando influír nun voto que os ten preocupados.
Nós, pola nosa parte, seguimos berrando ¡queremos os nosos cartos, todos e por xunto!
24 de febreiro de 2015
Manifestacións das Marchas da Dignidade en Galicia
A Plataforma Galega polas Marchas da Dignidade, na que se integra a CGT de Galicia, ten convocado para o vindeiro 25 de febreiro, mércores, manifestacións nas principais cidades galegas
para chamar á toda a poboación a apoiar e participar nas Marchas que o
21 de marzo confluirán na cidade de Madrid para reclamar pan, traballo e
teito.
A CGT rexeita a nova reforma da lei do aborto
A Secretaría da Muller da CGT ven de facer público o seguinte comunicado:
Tras la retirada hace meses de la contrarreforma de la ley del aborto auspiciada por el ministro Gallardón, en este año electoral 2015, el gobierno vuelve al ataque y en esta ocasión arremete contra el derecho a decidir de las mujeres de 16 y 17 años recogido en el apartado 4 del artículo 13 de la actual ley del aborto 2/2010, negándoles el ejercicio del derecho a decidir libremente sobre su maternidad, debiendo contar con el consentimiento de sus representantes legales, familia/tutores para poder ejercer dicho derecho.
El gobierno ha utilizado una estratagema legal para acelerar al máximo los tiempos y que esta reforma exprés se pueda aprobar antes del verano o como máximo antes de que acabe esta legislatura. Para ello, ha sido el grupo parlamentario del PP quien ha registrado el texto de la
6 de febreiro de 2015
A propaganda de novo
O Gabinete de Propaganda de Feijóo ven de anunicar, a bombo e platillo, a nova oferta pública de emprego da Xunta de Galicia, poñéndoa polas nubes. Se ben é certo que é unha oferta superior a de otros anos, tamén é verdade que volve haber recortes nas prazas, ao fixarse a taxa de reposición no 50 %.
Só esta panda de desafogados poden vender como marabilloso un recorte. Non teñen vergoña.
Só esta panda de desafogados poden vender como marabilloso un recorte. Non teñen vergoña.
3 de febreiro de 2015
Cursos 2015
O DOG de hoxe publica o Plan de Formación da EGAP para o ano 2015. O prazo de inscrición é de 10 días naturais contados desde o día seguinte á publicación (do 4 ao 13 de febreiro) e haberá que facelo na páxina electrónica da web da EGAP.
2 de febreiro de 2015
Recoñecementos médicos
No DOG
do día 2 de febreiro publicouse o anuncio para inscribirse para os recoñecementos médicos do ano 2015. O prazo de inscrición é de 30 días naturais desde o día seguinte á publicación da resolución, é dicir, entre o 3 de febreiro e o 4 de marzo.
A inscrición será telemática e, para facela, haberá que picar na ligazón na páxina web de Prevención de Riscos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Confederación Xeral do Traballo
