14 de febreiro de 2017

Novidades sobre algúns permisos

O DOG de onte publicaba unha resolución que modifica as instrucións sobre os permisos que foran ditadas por resolución do 24 de febreiro de 2016.
A modificación refírese a dúas cuestións:
a) A primeira refírese ao cómputo de dos días por enfermidade grave, intervención cirúrxica ou hospitalización, que nas instrucións de Función Pública se establecía que o permiso remataba cando remataba a hospitalización ou o repouso hospitalario. De agora en diante, os días de permiso son completos, aínda que a hospitalización ou o repouso rematen antes.

b) A segunda refírese ás reducións de xornada con retribución que, no caso de fillos menores que padezan cancro ou enfermidades graves de longa duración hspitalaria ou a domicilio, e requira coidado directo, continuo e permanente, a duración da redución pasa de "ata catro horas ou a metade da xornada" a "polo menos catro horas da xornada diaria".
Duas cuestións que benefician aos traballadores públicos e que a Xunta incorpora por imperativo de sentenzas na súa contra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo