9 de febreiro de 2017

Aprobados os orzamentos para o ano 2017

Foron aprobados os orzamentos para o ano 2017, coas disposicións previstas. Nos orzamentos figura que as retribucións do persoal serán as mesmas que no ano 2016, pero incluíndo a recuperación do complemento específico que viñan retendo nas pagas extraordinarias. En canto ao incrmento de 2017, será o mesmo que o que figure na Administración Xeral do Estado, cando se aproben os presupostos estatais.

Tamén se especifica que a taxa de reposición de persoal será a que fixe o estado, polo que segueremos perdendo postos de traballo como nos últimos anos. Tamén se especifica que a contratación de persoal laboral ou interino terá carácter "extraordinario".
En definitiva, máis do mesmo e continúa o desmantelamento dos servizos públicos. Viva a recuperación económica!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo