15 de xaneiro de 2013

Amortización de 1.153 prazas

A Lei de Orzamentos da Xunta para o ano 2013 recollerá, se non hai modificación, no seu artigo 24 a desaparición de centos de prazas que agora estean vacantes e que non se prevea que sexan ocupadas no concurso de traslados. Concretamente, o mecanismo é o seguinte: en primeiro lugar, deixanse sen dotación orzamentaria e, a continuación, amortízanse.
As consecuencias son inmediatas: esta situación provocará que, nos próximos concursos, os interinos ao que se lles ocupe a praza saltarán delas e, ao ter desaparecido as prazas que non vaian a concurso, haberá centos de interinos menos. Así, dun golpe, desaparecerán centos de prazas que quedaron vacantes por falecemento, xubilacións e outras situacións. O curioso é que as prazas desaparecerán non como consecuencia dunha xestión racional dos efectivos, senón pola simple razón de estar sen ocupar nun momento determinado.
A Xunta elixiu o sistema máis miserento para acbar coa precariedade na administración: desfacerse directamente do persoal interino. Outro motivo máis para continuar coas nosas mobilizacións contra o progresivo desmantelamento do sector público.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo