Convértese o procedemento nunha carreira de obstáculos ideado pola Administración Autonómica co simple obxectivo de denegar o máximo de peticións posibles, desviar o gasto cara a Seguridade Social ou a Dereitos Pasivos e amortizar, o antes posible, unha praza máis de traballador público.
Para conceder a permanencia no servizo activo valorarase o seguinte:
- As razóns organizativas ou funcionais
- O rendemento e resultados
- O absentismo do último ano
- O recoñecemento médico emitido polo Servizo de Prevención de Riscos, así como unha avaliación do posto de traballo
- Calquera outro informe que se considere conveniente
Preguntámonos para qué se estableceu a posibilidade de seguir traballando ata os 70 anos, porque a intención non declarada é a de que ninguén se acolla a este sistema. Pedrada a pedrada, Feijóo segue a machacarnos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario