22 de marzo de 2017

A nómina dos funcionarios da Xunta, un pouco máis pequenas

Este mes producirase unha circunstancia  que vai afectar ás xa minguadas nóminas. Tratase dunha redución nos líquidos que percibirán os funcionarios e interinos da Xunta  e que se debe á inclusión, no cálculo, do específico nas pagas extraordinarias. Como isto non se fixo en xaneiro, neste mes de marzo sufrirase unha dobre redución: a causada pola regularización das bases de cotización (haberá que pagar atrasos de cota obreira de xaneiro e febreiro, ao estar as bases prorrateadas) e haberá que pagar tamén o IRPF non aboado con anterioridade, ao incluir o específico das extras no cálculo anual.
Haberá que preguntarse por qué non se fixo na nómina de xaneiro, cando todo isto xa se sabía.
Isto volverá a suceder cando nos paguen os atrasos da suba deste ano, e o aumento do IRPF será maior canto menos meses resten para o fin de ano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo