30 de maio de 2016

Devolverán unha parte mínima do que incautaron

A Xunta de Galicia devolverá a parte devengada das pagas que reduciu no ano 2013. O que devolverá será o correspondente a xaneiro e febreiro de 2013, dado que xa estaba devengada no momento en que entraron en vigor os orzamentos daquel ano, o 1 de marzo.
A Xunta, que non fai máis que perder sentenzas unha tras outra nese sentido, decidiu quedar agora ben e anunciou a devolución entre este ano 2016 e o ano 2017 dos importes que se incautou indebidamente.
De todos xeitos, o que se vai devolver é só unha mínima parte do minorado, dado que os traballadores públicos da Xunta levamos desde aquel ano 2013 cunha diminución inxusta das pagas extraordinarias. Ningunha propaganda nos vai facer esquecer iso.

6 de maio de 2016

O secretismo do TTIP

Resultado de imagen de ttip

Ante a última filtración do contido das negociacións entre a Unión Europea e Estados Unidos sobre o TTIP, a CGT fixo público o seguinte comunicado:
La CGT considera que las recientes filtraciones de contenidos secretos sobre negociaciones del TTIP, publicadas por Greenpeace Holanda, confirman los temores sobre las repercusiones negativas que el acuerdo tendría para la vida y los derechos de la gente.

27 de abril de 2016

Primeiro de Maio

A CGT pzrticipa, como todos os anos, en diversas manifestacións e actos en toda Galicia. Ata o de agora, os actos previstos son os seguintes:
  • A Coruña. 12:30 - Manifestación con saída na Praza de Pontevedra. Ao remate, no Campo da Leña, actuación do grupo Os Tres Trebóns.
  • Pontevedra. 13:00 - Manifestación con saída na Ferrería.
  • Vigo. 11:00 - Manifestación con saída na Praza de Fernando o Cattólico.
  • Ourense. 11:45 - Manifestación que sairá do local sindical, na rúa Ervedelo, para xuntarse co Bloque Crítico ás 12:30 na Ponte Vella.

20 de abril de 2016

Discriminación nas escolas infantís

No DOG de hoxe publícase a adxudicación de prazas nas escolas infantís no curso 2016-2017 para fillos e fillas de persoal da Xunta de Galicia. Como noutras ocasións, esta convocatoria está limitada ao persoal dos servizos centrais, de Pontevedra e de Vigo, deixando fóra ao resto do persoal.
Trátase dunha discriminación continuada no tempo que non ten trazas de arreglarse. Así é como o goberno autonómico pretende promover a conciliación familiar.

4 de abril de 2016

Os novos prazos da paga extra de 2012 no DOG

O DOG de hoxe publicou o anuncio da Consellería de Facenda que contén a devolución do resto da paga extra incautada no ano 2012. Segundo este anuncio, a devolución farase de oficio a aquelas persoas que estean prestando servizos en cada momento (abril e setembro de 2016) e indican que os que a teñan que solicitar, por non estar prestando os seus servizos, deberán facer unha solicitude para cada unha das devolucións.

31 de marzo de 2016

Devolución da extra de 2012

A Intervención Xeral da Xunta ditou xa instrucións concretas para a devolución do resto da paga extraordinaria de decembro de 2012 incautada no seu momento.
Segundo estas intrucións, a devolución farase nos meses de abril e setembro. No mes de abril aboarase a parte proporcional a 46 días da paga e no de setembro o resto. Isto quere dicir que se percibirá ata acadar o 75,41% no mes de abril e o 100% no mes de setembro.
Quen queira facer a conta, pode aplicar as seguintes fórmulas;
  • En abril: R = (PE * 0,7541) - CS
  • En setembro: R = PE - CS
Onde R é o importe da recuperación, PE é o total do importe incautado no 2012 e CS os importes xa recuperados.

A devolución será de oficio, como en ocasións anteriores, agás para o persoal que non estea en activo no momento da devolución.

30 de marzo de 2016

Fondo de acción social

A Dirección Xeral da Función Pública ven de publicar no DOG os criterios de repartición do fondo de acción social correspondente ao ano 2015 relativo ao persoal da Xunta de Galicia. As persoas interesadas poderán cumprimentar as solicitudes a través da páxina web correspondente, no prazo de 20 días contados desde mañá.
Temos que recordar que o fondo só recolle a axuda para discapacitados, que é o único programa que pervive grazas aos recortes do señor Feijóo. Cando se fala de recortes todos lembramos os soldos ou as pagas, pero esquecémonos dun capítulo importantísimo como é o Fondo de Acción Social. Non renunciemos á súa recuperación.

18 de marzo de 2016

Listaxes provisorias do concurso

O DOG de hoxe ven de publicar a resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se fan públicas as listaxes provisorias do concurso de traslados dos corpos xerais da Xunta de Galicia. As persoas interesadas poderán consultar as listaxes picando nesta ligazón.
Hai dez días, contados a partir de mañá, para facer reclamacións.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo