14 de febreiro de 2014

Manifesto galego de apoio ás Marchas da Dignidade


O pasado día 11/02/2014, as organización sindicais CGT, CUT, SLG, STEG, S.E. e SF acordaron subscribir o seguinte manifesto e invitan a toda a sociedade galega a que se sume:
 
 
MARCHAS DA DIGNIDADE DO 22 DE MARZO
UNIFICAR AS LOITAS PARA A TRANSFORMACIÓN REAL

Ante a convocatoria das Marchas da Dignidade que converxerán en Madrid o próximo 22 de marzo, as organizacións sindicais, sociais e cidadás de Galicia asinantes, manifestamos o seguinte:

Apoiamos as Marchas ante o gravísimo deterioro das condicións de vida do pobo, provocado porque os poderes financeiros e os seus lacaios, os representantes políticos, están destruíndo as conquistas que tanto suor e mesmo sangue custaron: empregos minimamente dignos, sanidade, educación, servizos sociais básicos, prestacións por desemprego, cultura, vivenda, transportes públicos, etc., están desaparecendo coa escusa dunha crise que é a coartada que xustifica todo tipo de desmandos.

11 de febreiro de 2014

Non abonda coa parte proporcional da paga extra

Aos empregados públicos da Xunta de Galicia parécelles ben recuperar a parte xa devengada da paga paga extra expropiada no ano 2012 e por iso imos seguir movilizándonos ata conseguilo. Pero iso non é suficiente: queremos a recuperación da paga extraordinaria completa, queremos a recuperación das medias pagas roubadas no 2013, queremos a restitución do Fondo de Acción Social, queremos os nosos días de asuntos particulares e de vacacións e queremos a recuperación do noso poder de compra.
Queremos, en definitiva, unas condicións de traballo dignas para una vida digna. O demáis, a crise-estafa, o desmantelamento do sector público, os recortes en servizos e en prestacións, o endurecemento das pensións, a solidariedade debida co resto dos traballadores, son outros tantos motivos para seguir empurrando contra estes gobernos rapiñeiros e incapaces.

24 de xaneiro de 2014

Cursos

O DOG de hoxe publica a convocatoria dos cursos da EGAP para o ano 2014. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 3 de febreiro e deberán presentarse a través da páxina de matrícula da EGAP.

Orde de confección de nóminas

No DOG de hoxe publícase a orde de confección de nóminas para o ano 2014, na que figuran cuestións como a conxelación salarial, o incremento de cotas de MUFACE e MUGEJU ou os descontos por flexibilidade horaria.

20 de xaneiro de 2014

Contra o roubo das pensións

Foto: Contra o roubo das pensións, defendamos unhas pensións públicas suficientes para todos e todas. Comunicado do SP do Comité Confederal da CGT. http://bit.ly/1dIPzKgA CGT continúa na súa campaña en defensa do sistema público de pensións, gravemente ameazado polas medidas do goberno actual. O Secretariado Permanente da CGT ven de facer público o seguinte comunicado, referido a este tema:
Defendamos las pensiones Públicas suficientes para Todas y Todos
 Los sistemas de Seguridad Social, representan un conjunto de medidas que adoptan los Estados para proteger a la ciudadanía frente a diversos riesgos: enfermedades, accidentes, invalidez, vejez, subsidios de desempleo, PENSIONES.

10 de xaneiro de 2014

A lei que regula as pensións é un roubo

O Secretariado Permanente do Comité Confederal da CGT ven de facer público o seguinte comunicado:
La Confederación General del Trabajo considera que la Ley Reguladora del Sistema de Pensiones de la Seguridad Social es una violación del derecho a pensión suficiente y adecuada, y un robo a las pensiones públicas de las personas pensionistas actuales y de todas las futuras. En este sentido, ya en los Presupuestos Generales del Estado para el año 2014 se fija la revalorización en el 0,25% y no según el IPC.
La nueva Ley sobre recorte de pensiones, establece medidas como la

1 de xaneiro de 2014

Certificado o 0%

Xa o sabiamos todos, pero acaba de se publicar a Lei de Orzamentos da Xunta para o ano 2014 e no medio das más de 300 páxinas de literatura, certifícase que as retribucións será igual que as do ano 2013. Quérese dicir que non só non nos suben, senón que ademáis non nos devolven o recorte das pagas extras, pagas que este ano sí recibirán os traballadores da Administración Central e doutras comunidades autónomas.
Así sabemos aforrar todos: non pagando o que temos que pagar e, por riba, facendo legal o latrocinio.

Horario flexible por fin

O DOG do día 31 de decembro publicou -xa non era sen tempo- a orde que regula a xornada e o horario de traballo, así como a flexibilización e o teletraballo, par ao persoal da Xunta. Na orde establécense distintos tipos de xornada laboral:
  • Ordinaria: 37,50 horas á semana
  • Especial dedicación: 40 horas semanais
  • Verán: entre o 16 e xuño e o 15 de setembro
Establécense tamén os eguintes tipos de horario flexible:
  • Por razóns de conciliación: entre as 7:30 e as 18:30 establecerase, por petición do interesado, un horario de referencia. este horario poderáchegar ás 20:00 (ata xoves) ou 15:00 o venres cando o centro permaneza aberto. Absoluta liberdade para o cumprimento, en cómputo mensual.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo