23 de xuño de 2008
Promoción interna ao grupo B
Nop DOG de hoxe publícase unha resolución do tribunal con varios acordos de interés para a promoción interna ao grupo B: modificación da plantilla de respostas do segundo exercicio, anulación de preguntas, publicación das puntuacións e o establecemento do prazo para presentar alegacións e documentación (10 días). Lédeo con coidado, que a resolución é bastante retorta.
19 de xuño de 2008
Promoción interna ao grupo C
No DOG de hoxe saiu publicada unha disposición na que se ratifican as puntuacións da fase de oposición para a promoción interna ao grupo C e se declaran a tódolos aspirantes exentos do segundo exercizo. Ábrese tamén un prazo de 10 días para a presentación da documentación da fase de concurso.
A xornada de verán, no DOG
No DOG de hoxe saíu publicada a Orde da Consellería da Presidencia na que se establece a xornada e horario de verán para o persoal funcionario da Xunta. Aplicarase entre o 21 de xuño e o 21 de setembro e o horario será entre as 8:30 horas e as 14:30 horas.
18 de xuño de 2008
Cursos de formación
No DOG de hoxe saen convocados varios cursos de formación para o persoal da Xunta. O prazo de presentación de solicitudes (vía web) remata o día 2 de xullo. Podedes ver os curso picando aquí, pero vos adiantamos que é do de sempre: moita teleformación, moitos cursos centralizados, moitos cursos para grupos altos, moitos cursos específicos...
17 de xuño de 2008
As mentiras de Solbes
Ante as declaracións do ministro Solbes sobre a suba das retribucións dos empregados públicos, a Federación de Traballadores da Administración Pública da CGT publicou esta nota da prensa. Cremos que as cousas están claras dabondo, pero por se a alguén lle fai falta ver os números, aquí están.
16 de xuño de 2008
Enquisa sobre a participación nesta páxina
Na columna da dereita, tras os documentos de interese, aparece unha enquista sobre a posibilidade de participar coa vosa opinión nesta páxina. Por favor, participade na enquista. Grazas.
13 de xuño de 2008
A Lei da Función Pública, no DOG
No doga de hoxe saíu publicada a disposición que aproba o texto refundido da Lei de Función Pública de Galicia. Xa sabemos que esta lei naceu decapitada, ao non ter en conta o disposto no Estatuto Básico do Empregado Público, pero é que o goberno da Xunta tiña présa por aprobala por dous temas: as retribucións dos altos cargos e a chamada consolidación de emprego. Agora haberá que volvela modificar para adaptala ao Estatuto.
Tamén sae a disposición pola que se adxudican os postos definitivos dos aprobados nas oposicións convocadas no 2005. Piano, piano, se arriva lontano e sano.
Tamén sae a disposición pola que se adxudican os postos definitivos dos aprobados nas oposicións convocadas no 2005. Piano, piano, se arriva lontano e sano.
12 de xuño de 2008
Promoción interna do grupo D, oposicións do C e listas
No DOG de hoxe saen varias disposicións de interés: as listas de aprobados das probas selectivas do grupo E (acordádevos de presentar a documentación no prazo de 20 días); a baremación provisional da fase de concurso na promoción interna do grupo D (10 días para reclamacións), e listas definitivas de persoal laboral de distintas categorías (recurso de alzada, 1 mes).
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Confederación Xeral do Traballo