
O DOG de hoxe
publica a lei pola que se aproba unha retribución para devolver ao persoal da Xunta a parte incautada do específico na paga de verán de 2013 correspondente ao período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 28 de febreiro daquel ano. Segundo esta norma, as cantidades correspondentes serán devoltas durante o ano 2016.
Seguimos co electoralismo barato deste goberno. Despóis de incautarse dos específicos e aínda máis das pagas extraordinarias a partir do ano 2013, agora pretenden sacar puntos devolvendo unha parte ínfima do eliminado. Nós non nos imos deixar enganar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario