8 de xuño de 2016

A recuperación da paga de 2013, no DOG

Xa foi publicado no DOG o acordo entre CCOO, UGT e CSIF e maila Xunta sobre a recuperación da parte devengada e descontada indebidamente pola Xunta no ano 2013, e que se refire ao período comprendido entre o 01 de xaneiro e o 28 de febreiro.
No acordo fíxase que esta devolución farase nos anos 2016 e que, ademáis, o ano 2017 volverase a dispoñer dos complementos no específico das pagas. Nós interpretámolo no sentido de que o ano 2017 volverá a haber pagas extraordinarias do iguais á mensualidade.
Se esto se fai así, e salvando o retorcido da redacción do acordo, se subsanará minimamente unha inxustiza que xa leva catro anos cometéndose, aínda que non esquecemos o resto do incautado: o soldo conxelado durante anos, os anos de pagas reducidas, a redución salarial do 2010, a eliminación do fondo social, menos días de asuntos propios, etc.
Temos moito que recuperar e non podemos esquecelo por estas esmolas electoralistas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo