7 de setembro de 2010

O Tribunal do Contencioso Administrativo nº 1 de Pontevedra da a razón á CGT

O pasado vernes 3 de setembro coñecimos a sentencia do Tribunal do Contencioso Administrativo nº1 de Pontevedra onde se recoñece que a Administración da Xunta de Galicia, en concreto a Delegación da Consellería de Presidencia, vulnerou a Lei Orgánica de Liberdade Sindical ao deixar sen local e sen taboleiro de anuncios ao noso sindicato no novo edificio administrativo da Xunta en Pontevedra. Polo tanto os tribunais obrigan a Xunta a facilitar un local, igual que o resto de organizacións sindicais con representación na Xunta de Persoal, e un taboleiro de anuncios ao noso Sindicato. A sentenza poderá ser recorrida pola Administración no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Por outra banda e unha vez acadado o recoñecemento deste dereito, os nosos servizos xurídicos están estudando a posible presentación dunha reclamación sobre responsabilidade patrimonial da Administración galega e unha querela prevaricación contra o actual Xefe Territorial da Consellería de Presidencia en Pontevedra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo