26 de agosto de 2010

Todos os partidos políticos, a saco na Reforma Laboral

O Senado aprobou varias modificacións na Reforma Laboral que presentou o goberno e que voltará ao Congreso próximamente. Entre as novas medidas adoptadas, están as seguintes:
  • Endurecemento das condicións para os que estean cobrando o paro, que o poderán perder se non aceptan algún curso de formación a partir dos 30 días de estar nesta situación. Antes era a partir dos 100 días.
  • Poderase despedir a un traballador (con 20 días de indemnización por ano) se falta o 20% das xornadas de traballo en dous meses, aínda que sexan xustificadas as ausencias. Isto supón que todo o que teña unha baixa por enfermidade de máis de 15 días estará nesta situación.
  • Marcha atrás na loita contra o encadeamento de contratos, facendo que só esté prohibido encadear contratos durante máis de tres anos idénticas funcións e mesmo posto.
 A alineación dos partidos políticos co capitalismo e contra os dereitos dos traballadores é un feito incuestionable. O Estado de Dereito e o Estado do Benestar son puras entelequias. Imos quedar na casa cos brazos cruzados?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo