8 de outubro de 2007

PROMOCIÓN INTERNA PARA OS GRUPOS A, B, e D

No DOG de hoxe, día 8, publícanse as Ordes de convocatoria das probas selectivas para a promoción interna dos grupos A, B, e D. As prazas convocadas son:

Grupo A 28 prazas (2 para persoas con discapacidade)
Grupo B 19 prazas (2 para persoas con discapacidade)
Grupo D 120 prazas (9 para persoas con discapacidade)

Seguen sen tomar en consideración reivindicacións básicas para os funcionarios como son a posibilidade de reconvertir o posto para quedar nel tras aprobar (como se fai en outras administracións) ou poder concursar desde grupos non inmediatamente inferiores.

O prazo de presentación de instancias (siguen cobrando por elas) remata o 29 de outubro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo