30 de decembro de 2014

A Lei de Presupostos e a devolución da paga

O DOG de hoxe publica a Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015. Nesta lei establécese que as retribucións para o ano 2015 serán as mesmas que para o ano 2014.
Ademáis, na disposición adicional décimo sétima se establece o procedemento para a devolución de parte da paga incautada no 2012, do xeito que segue:
  1. Persoal funcionario e estatutario: devólverase 22 días da paga extra e 7 días da adicional (específico).
  2. Persoal laboral: percibirá 7 días, tanto da extra como da adicional.
  3. Persoal que non tivese paga extra ou que estivese prorrateada e persoal eventual: percibirá o 50% do deixado de percibir en proporción aos servizos prestados no momento da incautación.
O persoal que se tivese movido de posto de traballo percibirá a devolución no posto actual, para o que terá que pedir unha certificación no posto de orixe e facer a oportuna solicitude.

16 de decembro de 2014

Mobilízate, a rúa non é súa

Ante a aprobación polo Parlamento da Lei-Mordaza, o Secretariado Permanente do Comité Confederal da CGT fai público o seguinte comunicado:
Con la aprobación de la “ley mordaza” el Gobierno y el PP retrasan el reloj a la década de los cincuenta del siglo pasado, a la legislación franquista, y da una patada en la boca al pueblo al consagrar que cualquier persona que disienta de sus leyes, utilizadas como armas de destrucción masiva de derechos y libertades, es su enemiga y se convierte en “enemiga o enemigo público número 1”.

Ahora sus agresiones las convierten en nuestras faltas administrativas, con multas inasumibles para la ciudadanía y sus Fuerzas de Seguridad se ven convertidas en poseedores de la verdad absoluta, aunque no lleven identificación y nos golpeen ya que se nos elimina el derecho probatorio hasta de las imágenes: la policía es la ley.

15 de decembro de 2014

Antigüidade do persoal laboral

O DOG de hoxe publica unha norma pola que se establece o mecanismo de recoñecemento de trienios para o persoal laboral temporal, en base a distintas sentenzas e xurisprudencia. O persoal non deberá presentar ningunha solicitude no caso de servizos incluídos no ámbito de aplicación do Convenio, pero si o deberá facer para outros servizos, tanto fóra da aplicación (SERGAS, persoal interino...), coma noutras administracións públicas.

Oferta de emprego público

A Xunta decidiu facer unha oferta de emprego para o ano 2014. Esta oferta de 53 prazas é, de novo, un acto propagandístico; non se pode calificar doutro modo a ridiculez do ofertado, entre o que destaca a nula oferta de prazas dos grupos C2 para baixo. O que se ofrece é o seguinte (entre parénsteses as prazas para persoas con discapacidade):

- Bioólogos (A1): 11 (2)
- Químicos (A1): 3
- Enxeñeiros industriais (A1): 4
- Veterinarios (A1). 7 (1)
- Técnicos de finanzas (A2): 8 (1)
- Enxeñeiros técnicos industriais (A2): 7
- Subinspectores de consumo (C1): 3
- Axentes facultativos ambientais (C1): 10

5 de decembro de 2014

Tranquilos, non hai que tomar os tellados

O anuncio de Feijóo sobre a recuperación das pagas e outras cuestións na próxima lei da Función Pública galega non hai que tomalo coma un regalo do noso presidente.
En primeiro lugar, haberá que ler o contido do que se aprobe polo Parlamento e aí veremos sea recuperación é tal como a din na súa propaganda, é dicir, se no ano 2018 recuperaremos a totalidade da extra do ano 2012 e o específico eliminado nos anos seguintes.
En segundo lugar, hai que considerar que esta chamada "devolución" supón que seguiremos coas pagas diminuídas ata o ano 2018, coa merma salarial que isto supón.
Tampouco se fala nada das revisións salariais ordinarias, co que se pode fácilmente vender públicamente como suba salarial a devolución das pagas.
En canto ao plus dos altos cargos, xa veremos como queda na lei ouse hai letra pequena; o mesmo pasa coo libre designación das xefaturas de servizo.
Tamén haberá que ver o resto da lei, é dicir, os plans de avaliación, posibilidade de mobilidade e revogación dos empregados públicos, do que non se falou nada na rolda de prensa.
En definitiva, Feijóo non é de fiar, así que cando leamos a lei saberemos a que aternos.

4 de decembro de 2014

A dureza da cara de Feijóo non ten límites

Feijóo anunciou onte no Parlamento galego que reporá, "paulatinamente", o 100% das pagas extras que recortou nos anos 2013 e 2014 (o complemento específico).
O que non di é qué significa "paulatinamente". Temos que lembrar que, no referente á paga extra eliminada en decembro de 2012, Feijóo anunciou que, en xaneiro de 2015, devolverá 1/8 do seu importe e outro tanto "cando se poida".
A única realidade é que hai eleccións durante os próximos dous anos e hai que quedar ben enganando ao persoal. A devolución das pagas segue supoñendo unha perda dos dereitos salariais, dado que desde o "Zapaterazo" -ano 2010- os soldos non volveron subir, e dito hai xa case cinco anos.
Señor Feijóo: deixe de mentir e devólvanos o incautado en salarios, vacacións, días de asuntos particulares, retribucións nas baixas de enfermidade, fondo de acción social, etc., e así poderá convencernos de que ten en algunha consideración aos traballadores. Facer outra cousa non é máis que propaganda.

2 de decembro de 2014

Fondo de Acción social 2013

O DOG de hoxe publica a resolución que anuncia a listaxe definitiva de axudas do Fondo de Acción Social de 2013, relativas á atención para persoas con discapacidade, o único que se mantén desde os recortes. As persoas interesadas poden consultar as listaxes picando aquí.
En caso de disconformidade, hai un mes para presentar o pertinente recurso.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo